martes, 27 de noviembre de 2012

Educar con TIC

Cada día máis preto, as TIC son un recurso que non podemos ignorar. Dende a web www.educacontic.es podemos acceder a unha chea de información valiosa, tanto para crear actividades musicais como para outras áreas ou especialidades. Deixo un enlace directo dende aquí, donde atopar diversos programas para a creación de actividades:


Unha Aperta!

O.

sábado, 24 de noviembre de 2012

All together now, The Beatles

Hai que sacarlle partido aos anuncios de TV e aproveitar nas clases aquelo que motiva aos alumnos. En cursos pasados traballamos coa canción "Whatever" de Oasis, que fixo moi popular un anuncio dunha bebida. Foi unha gran experiencia.  Este ano, aproveitando a gran calidade das cancións de The Beatles, imos traballar coa canción "All together now", que está sonando noutro anuncio. Penso que será un éxito asegurado, xa vos contarei.



Unha aperta!

O.