lunes, 11 de junio de 2012

CANCIÓNS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí tedes cancións infantís que fan as delicias dos cativos de Educación Infantil, tanto de 3, 4 e 5 anos. Agardo que vos gustes e as disfrutedes.



1 / PRESENTAMOS: "La Canción del Jacarandá"


2 / PRESENTAMOS: "O Grilo Grilón"


3 / PRESENTAMOS: "Saco una manito"


4 / PRESENTAMOS: "A Janelinha"


5 / PRESENTAMOS: "El Patio de mi Casa"


6 / PRESENTAMOS: "Cai Cai Balâo"


7 / PRESENTAMOS: "Yo Tengo los Colores"


8 / PRESENTAMOS: "Susanita tiene un ratón"


Unha Aperta!!

O.

domingo, 3 de junio de 2012

AULA VIRTUAL EDMODO

Unha nova, rapaces!

Edmodo é unha plataforma social educativa que permite a comunicación entre alumnos e profesores nun entorno pechado e privado. Esta plataforma permite, por exemplo, enviar traballos e tarefas aos alumnos, reforzar contidos de clase mediante contido web e compartir archivos.  Actualmente é gratuita e sen publicidade.

Paréceme moi interesante para ampliar a comunicación entre o grupo-clase, principalmente alumnado de 3º Ciclo, e estirar un pouquiño este horario tan reducido que temos coa materia de Música.

Aquí está a aperiencia de Edmodo. Xa falaremos máis acerca deste tema. "O Canto do Merlo" xa creou Aula Virtual, para entrar neste grupo precisades entrar como estudantes e introducir un código de grupo.




Unha aperta!

O.

viernes, 1 de junio de 2012

Parabéns a David Vaamonde López!

Non quero deixar de compartir esta gran noticia musical. Hoxe no xornal, na contraportada, aparecía esta noticia sobre este neno, David, de 13 anos. Toca o piano dende os 6 anos e vai ter o privilexio de acompañar en concerto a Lang Lang, recoñecido como un dos mellores pianistas do momento. Nada máis ver esta noticia, non dubidei nin un segundo en compartila cos meus alumnos/as. Por suposto quedaron abraiados e orgullosos de que un colega galego chegue tan alto. Parabéns, David! 

Aquí está a noticia, pincha nela para ampliar a imaxe 


Unha aperta!

O.